martes, 31 de marzo de 2020

Pautas para as tarefas e contidos na casa

Ao fío dalgún correo ou solicitude das familias, do alumnado de 5º EP, queremos deixar claro e volvemos a repetir, que fagades o que poidades dentro das vosas posibilidades, xa que somos conscientes das casuísticas da cada fogar e nalgúns casos, mesmo da brecha dixital. O importante é que fagan algo: cunha pequena rutina ou hábito diario, que estén informados, ocupados parte deste tempo e nesta situación inesperada e do mesmo xeito, non perdan o contacto coa dinámica e a vida escolar. Pola nosa parte tamén, estar presentes, visibles e acompañarvos para esas necesidades ou problemáticas que poidan xurdir e intentar axudar ou solucionar coa maior disponibilidade posible. Ánimo e coidarse moito e ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario