Mostrando entradas con la etiqueta VI ANDAINA SOLIDARIA FISC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VI ANDAINA SOLIDARIA FISC. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de septiembre de 2019

VI ANDAINA SOLIDARIA E II XANTAR BENÉFICO POLO PROXECTO TANZANIA 2019

O sábado 28 de setembro, celebraremos unha xornada aberta de convivencia e solidariedade dende o colexio Compañía de María de Santiago e a FISC GALICIA (a fundación solidaria internacional dos nosos colexios).
Animarvos a participar e colaborar con esta fermosa causa polos máis desfavorecidos, neste caso para un proxecto, que dita fundación está a levar a cabo, en Tanzania (África).

Haberá a VI andaina solidaria (previa inscrición e recollida de dorsais, a través dun donativo a partires das 10.00 h. no pavillón do colexio.), con dous roteiros:
-Un roteiro curto, polo parque de Belvís para os máis cativos e familiares (hora prevista de comezo ás 11.15 h.).
-E outro roteiro longo, dende o pavillón do colexio, polo parque de Belvís dirección rúa Olvido Pexego, barrio de Sar, colexiata de Sar e Brañas do Sar ata o parque de Euxenio Granell e regreso polo mesmo percorrido. Hora prevista de saída ás 11.30 h.
Dispoñemos dun DORSAL 0 para todos aqueles que desexen colaborar na conta do:
FISC GALICIA: ES93 0182 2680 2700 11508812

A continuación, sobre ás 13:00 h., haberá no patio do colexio, o II xantar benéfico, coa colaboración de profesores e alumn@s. Para poder participar e colaborar nel é preciso, facer a inscrición de reserva dos menús coa circular da web, ou a que levarán os vosos fillos antes do 25 de setembro.Para calquera dúbida consultade a páxina web do colexio ou a través dos titores dos alumnos.

(Nota: Aqueles que non fixeran a reserva dos menús no prazo establecido, poderán participar o mesmo día do xantar, sí houbese disponibilidade de menús, é dicir, ata esgotar as existencias.)
MOITAS GRAZAS!!