Animarvos a participar e colaborar con esta fermosa causa polos máis desfavorecidos, neste caso para un proxecto, que dita fundación está a levar a cabo, en Tanzania (África).
Haberá a VI andaina solidaria (previa inscrición e recollida de dorsais, a través dun donativo a partires das 10.00 h. no pavillón do colexio.), con dous roteiros:
-Un roteiro curto, polo parque de Belvís para os máis cativos e familiares (hora prevista de comezo ás 11.15 h.).
-E outro roteiro longo, dende o pavillón do colexio, polo parque de Belvís dirección rúa Olvido - Pexego, barrio de Sar, colexiata de Sar e Brañas do Sar ata o parque de Euxenio Granell e regreso polo mesmo percorrido. Hora prevista de saída ás 11.30 h.
Dispoñemos dun DORSAL 0 para todos aqueles que desexen colaborar na conta do:
FISC GALICIA: ES93 0182 2680 2700 11508812
A continuación, sobre ás 13:00 h., haberá no patio do colexio, o II xantar benéfico, coa colaboración de profesores e alumn@s. Para poder participar e colaborar nel é preciso, facer a inscrición de reserva dos menús coa circular da web, ou a que levarán os vosos fillos antes do 25 de setembro.Para calquera dúbida consultade a páxina web do colexio ou a través dos titores dos alumnos.
(Nota: Aqueles que non fixeran a reserva dos menús no prazo establecido, poderán participar o mesmo día do xantar, sí houbese disponibilidade de menús, é dicir, ata esgotar as existencias.)
MOITAS GRAZAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario